jueves, 27 de mayo de 2010

Cada vez que pasaba por alí, ela só sentía dor cada un dos pasos que daba eras pequenas agullas que se cravaban no seu corazón, sentíase soa e impotente. Todo o que tiña arredor recordáballe a el, a todos os momentos que pasaran xuntos por aquelas rúas, sempre falando de música, películas, anécdotas de cando eran cativos, todo iso o perdera, xa non se repetiría máis, sentía rabia xusto cando mellor ía todo, semellara que o fixera a mantenta. Non entendía nada para ela aínda estaba vivo tiña a sensación de que en calquera momento soaría o seu teléfono e escoitaría a súa voz dicíndolle que pola tarde estarían xuntos, coma todos os venres dende facía xa cinco meses. Non facía máis que preguntarse que se lle pasara pola cabeza, que pensa unha persoa cando se ve cunha escopeta na man apuntando cara si mesmo, se cadra a súa vida xa non tiña sentido, se cadra xa non sentía nada, todo para el era unha tortura, pero que faría ela agora non podía seguir como se nada pasara, o único que lle quedaba de el era un libro, a biografía de Kurt Cobain, aquel xoven que con vintesete anos decidiu que a súa vida non pagaba a pena, ó igual que el só que el deixou de sentir e de vivir con dezaoito anos. Mira de esguello aquel libro unha e outra vez sen atreverse a abrilo, sen atreverse a mirar aquel retrato que el fixera de ela, na súa tapa, e todo aquilo que el escribira, esa frase en castelán que puña:


“Me corté con cabello de angel y aliento de bebé”.

Mentres recordaba todo isto camiñaba debagar cara unha igrexa, aínda que ela non era créente pero neses intres o único que quería era despedirse de el dicirlle o moito que lle amaba e o moito que o estrañaba, cos ollos inchados de tanto chorar por fin dentro da igrexa axeonllouse mentres as bagoas esvaraban polo seu rostro sentía impotencia, dor, pero sobre todo medo, medo a deixar de recordarlle, medo a sorrir, e medo a deixar de chorar.


Fai xa un ano que escribin isto e sigo chorando cando o leo, pero tamén choro cada vez que algo me recorda a ti, e aínda que faga un ano votote de menos. Agora sei que por moito tempo que pase, hai feridas que nunca pechan e o unico que podes facer e aprender a vivir con elas.
Moitas grazas a todos os que estades ahí para axudar sempre que fai falla.

martes, 11 de mayo de 2010

Mirar a un punto fijo, sin ver realmente, y dejar volar la imaginación pensar en cualquier cosa, en todo menos en lo que deberías pensar, recordar el pasado y ponerte a hacer memoria cuando deberias estar calculando un fondo de maniobra o disenñando un intervalo de confianza. Cuando te das cuenta ya ha pasado media hora y lo único que tienes claro es que el balance de tu ejercicio con respecto al anterior podria ser mucho mejor pero tu inmobilizado material e intangible era mucho mejor antes que ahora, el cansancio hace mella pero la esperanza de abrir una puerta a un sitio totalmente nuevo pesa más que las horas de estudio.