viernes, 27 de mayo de 2011

Baleiro

 Xa non hai agullas, o seu lugar o ocupan pequenos baleiros, que non sintes sempre aínda que sabes que estan ahí, son pequenas cousas, pequenas situacións as que che recordan que hai un tempo as cousas non eran así, momentos nos que sintes que non hai ninguén e que a única persoa a que serías capaz de contarlle todo o que acontece xa non pode escoitarte, nese intre e cando recurres o pouco que tes para deixar saír os sentimentos, e contaslle todo a un caderno de tapas vermellas, escribes coma se falaras con el, os teus peores momentos estan ahí e tamen os mellores, dous anos da túa vida resumidos en apenas vinte follas.
 Coñeces de sobra a teoría, mira cara diante trata de non pensar niso, se forte... as veces a práctica é fácil e cada vez son máis eses intres, e menos nos que o único que pensas é en saír correndo, desaparecer, olvidar. Despois de tanto tempo comprendes que o olvido non é unha opción que non poderías aínda que o intentanses e non queres intentalo, todo o que vives forma parte de ti, da túa forma de pensar, de como afrontas o que acontece o teu arreror.
 Vives os momentos en que es feliz como se iso fose a rematar tan pronto que nin terás conta da súa fin, sempre mostras o teu lado escéptico, sabes que cando todo vai ben algo vai a ocorrer que o empeore, algo que seguramente non depende de ti pero que en certo modo sentes a culpa de non poder facer nada para evitalo e mentres pensas iso algo remata...
 No intre no que te das conta é coma se o tempo se parase, rematou, e xa non podes facer nada, o corazón deixa de latexar e non podes conter as bágoas, sentes que xa non hai nada, que todo remata nese intre, nada ten sentido, o baleiro e tan grande que non ves nada máis, pero ese baleiro vaise desvanecendo moi pouco a pouco, pode ser certo que o tempo cura as feridas pero xamais sabrás canto tempo precisas, cando vai chegar ese día no que poidas escoitar esa canción sen chorar ou pasear por esa rúa sen que o baleiro a faga desaparecer. En certo modo terás medo a que chegue ese día no que volvas a decir quérote e non sexa a súa voz a que responda...